
Xiana e Ramón adéntranse no bosque que naciu da semente dun metrosidero dos que había nos antigos Xardíns de Méndez Núñez. Ela faino aproveitando a cara de pánico de Ramón, coma unha coacción sutil para facerlle confesar todo o que ten que confesar, sen decatarse de que, ela, tampouco ten demasiada experiencia camiñando por aquela zona.