
Trazamos unha cartografía polos principais eventos que hoxe articulan o ecosistema arredor da construción, investigación e difusión dos instrumentos musicais. Desde o foro Resonancias, onde nace este podcast, ata o recente encontro Zona da zanfona, celebrado en Arzúa, percorremos feiras, encontros profesionais, xornadas científicas e festivais que poñen en diálogo a lutería, a artesanía, a interpretación e a investigación organolóxica.
Viaxamos polas Xornadas de Instrumenta, polo Encontro Profesional Galego para a Construción de Instrumentos impulsado por LABRA (Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais), polo Memorial Ricardo Portela, pola Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, polo Encordass Fiddle Fest, na Illa de San Simón, e pola 21ª edición de Zona da Zanfona.
Dirección: Beatriz Fontán
Produción executiva e comisariado: Samuel Diz
Produción de son: Isaac Palacín.
Deseño gráfico: Beatriz Fontán.
Revisión lingüística: Olga Nogueira.
Interveñen: Dani García de la Cuesta, Ana Fariña, Xaneco Tubío, Oli Giráldez, Alfonso Franco e Mauro Sanin.
Música: "Muiñeira de Calvos de Randín”, interpretada por Pedro Lamas, Germán Díaz, Antonio Romero Cienfuegos e Uxía Diz en Música no Claustro 2024.
Fotografía de portada: Música no Claustro.
Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.