Home
Categories
EXPLORE
True Crime
Comedy
Business
Sports
Society & Culture
Health & Fitness
TV & Film
About Us
Contact Us
Copyright
© 2024 PodJoint
00:00 / 00:00
Sign in

or

Don't have an account?
Sign up
Forgot password
https://is1-ssl.mzstatic.com/image/thumb/Podcasts221/v4/ff/4a/81/ff4a8156-c747-22e0-6eb2-2e80fa26d305/mza_1050152629175673998.jpg/600x600bb.jpg
Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Música no Claustro
46 episodes
1 month ago
Resonancias é unha plataforma de divulgación de diversas experiencias, reflexións e ideas relacionadas coa investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos deste podcast forman parte do Foro profesional impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, no festival Música no Claustro con sede na Catedral de Tui. Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast
Show more...
Crafts
Leisure
RSS
All content for Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais is the property of Música no Claustro and is served directly from their servers with no modification, redirects, or rehosting. The podcast is not affiliated with or endorsed by Podjoint in any way.
Resonancias é unha plataforma de divulgación de diversas experiencias, reflexións e ideas relacionadas coa investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos deste podcast forman parte do Foro profesional impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, no festival Música no Claustro con sede na Catedral de Tui. Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast
Show more...
Crafts
Leisure
Episodes (20/46)
Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Mapeo de eventos arredor dos instrumentos musicais

Trazamos unha cartografía polos principais eventos que hoxe articulan o ecosistema arredor da construción, investigación e difusión dos instrumentos musicais. Desde o foro Resonancias, onde nace este podcast, ata o recente encontro Zona da zanfona, celebrado en Arzúa, percorremos feiras, encontros profesionais, xornadas científicas e festivais que poñen en diálogo a lutería, a artesanía, a interpretación e a investigación organolóxica.

Viaxamos polas Xornadas de Instrumenta, polo Encontro Profesional Galego para a Construción de Instrumentos impulsado por LABRA (Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais), polo Memorial Ricardo Portela, pola Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, polo Encordass Fiddle Fest, na Illa de San Simón, e pola 21ª edición de Zona da Zanfona.

Dirección: Beatriz Fontán

Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

Produción de son: Isaac Palacín.

Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

Revisión lingüística: Olga Nogueira.

Interveñen: Dani García de la Cuesta, Ana Fariña, Xaneco Tubío, Oli Giráldez, Alfonso Franco e Mauro Sanin.

Música: "Muiñeira de Calvos de Randín”, interpretada por Pedro Lamas, Germán Díaz, Antonio Romero Cienfuegos e Uxía Diz en Música no Claustro 2024.

Fotografía de portada: Música no Claustro.

Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

Show more...
1 month ago
33 minutes 43 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Identidades: arte, artesanía e autoría. Porta da Pía Artesanía, Noroeste Obradoiro e Aitor.

Neste episodio presentamos un debate sobre as fronteiras líquidas entre arte, artesanía e autoría.

Conversamos con Susana Cabo Buján propietaria da tenda de artesanía Porta da Pía, José Castro xoieira de Noroeste Obradoiro e Aitor Martínez artesán en madeira, tres voces que representan diferentes xeitos de entender a creación contemporánea.

Un diálogo sobre identidades, marcas comerciais e persoais, valores compartidos e soños de futuro para a artesanía galega.

Dirección: Beatriz Fontán

Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

Produción de son: Isaac Palacín.

Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

Revisión lingüística: Olga Nogueira.

Interveñen: Susana Cabo Buján, José Castro e Aitor Martínez.

Música: "Adagio para corno inglés”, do compositor Fernando Buide del Real (Santiago de Compostela, 1980), Iria Folgado "Ecos de Breogán" (Poliédrica, 2023).

Fotografía de portada: Música no Claustro.

Show more...
1 month ago
34 minutes 57 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Oficina Española de Patentes e Marcas, unha entidade pública ao servizo da artesanía

A Oficina Española de Patentes e Marcas é unha entidade pública que protexe as patentes e os modelos de utilidade, así como as marcas e os deseños industriais na artesanía.

Esta entidade custodia un dos arquivos históricos máis importantes do mundo no relativo ao enxeño e á creatividade humana na súa faceta de propiedade industrial.

Pablo López de Unceta e Eduardo Rodríguez Álvarez, guían este percorrido polo pasado, presente e futuro da protección da nosa capacidade de inventar.

Dirección: Beatriz Fontán

Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

Produción de son: Isaac Palacín.

Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

Revisión lingüística: Olga Nogueira.

Interveñen: Pablo López de Unceta e Eduardo Rodríguez Álvarez.

Músicas:

"Atardecer”, do compositor Juan José Mantecón (Vigo, 1895- Madrid, 1964), interpretada por Samuel Diz en "Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca" (Poliédrica, 2015).

“El fandango de Candil: Bolero” de Gustavo Durán (Barcelona 1906- Atenas, 1969) , gravación histórica de Antonia Mercé "La Argentina" (Buenos Aires, 1890- Bayona, 1936), Odeon, 1929.

Fotografía de portada: Privilexio Real de 1854, "Mecanismo que hace pasar a un órgano del tono de capilla al de orquesta y viceversa", de Juan Amezua. Ministerio de Industria y Turismo, Oficina Española de Patentes y Marcas, O.A. Archivo, Fondo Histórico PR_1185.

Show more...
2 months ago
48 minutes 51 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Ciencia, tecnoloxía, experimentación e fama dos construtores de instrumentos musicais na historia. Cristina Bordas

A musicóloga Cristina Bordas, referente internacional en organoloxía, condúcenos nun percorrido pola historia das persoas construtoras de instrumentos musicais: artesás, inventoras e enxeñeiras que uniron ciencia, tecnoloxía e arte para facer posible a música.

Desde os obradoiros medievais ata as patentes do século XIX, Bordas amosa como a busca da harmonía impulsou avances técnicos e simbólicos, desde o compás e os autómatas ao piano de Cristofori. Un diálogo entre historia, experimentación e creatividade que reivindica o valor das persoas que transformaron o son en patrimonio universal.

Cristina Bordas é catedrática emérita da Universidade Complutense de Madrid e Doutora en Historia e Ciencias da Música coa tese "La producción y el comercio de instrumentos musicales en Madrid, 1770-1870". É autora dos catálogos "Instrumentos musicales en colecciones españolas" (Centro de Documentación de Música y Danza, INAEM/ICCMU, 1999). É membro da Sociedad Española de Musicología, do ICOM-CIMCIM ou do IMS Study Group Musical Iconography. É socia fundadora da Sociedad de la Vihuela, el Laúd y la Guitarra; así como de Instrumenta, asociacións das que foi presidenta en diferentes períodos.

Dirección: Beatriz Fontán

Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

Produción de son: Isaac Palacín.

Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

Revisión lingüística: Olga Nogueira.

Intervén: Cristina Bordas.

Música: "Toque de clave”, da compositora Gisela Hernández Gonzalo (Cuba, 1912-1971), interpretada por Karla Martínez Rabanal en Música no Claustro 2025.

Fotografía de portada: Música no Claustro.

Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

Show more...
2 months ago
32 minutes 39 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
O cuatro, un instrumento portorriqueño, construído con castiñeiro galego. Ricardo Ramos e Pablo Hernández Mejías

Ricardo Ramos naceu en Bayamón, municipio de Porto Rico, illa caribeña cunha identidade musical propia marcada polo son do cuatro: un instrumento de corda pulsada que constrúe actualmente no seu obradoiro situado en Sarria (Lugo). O seu traballo combina o respecto á tradición boricua coas innovacións adquiridas na súa formación en Granada e La Herradura, achegando novas técnicas de construción. Como mostra deste diálogo, Ricardo Ramos presenta un cuatro construído con madeira galega de castiñeiro.

Escoitamos a sonoridade deste instrumento grazas ao músico Pablo Hernández Mejías, que interpreta danzas, mazurcas e aguinaldos de Porto Rico en mestura con ecos da música europea, revelando a versatilidade e a forza expresiva deste instrumento da cultura popular portorriqueña

Dirección: Beatriz Fontán

Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

Produción de son: Isaac Palacín.

Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

Revisión lingüística: Olga Nogueira.

Interveñen: Ricardo Ramos e Pablo Herández Mejías

Fotografía da portada cedida por Artesanía de Galicia

Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

Show more...
2 months ago
28 minutes 42 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Un violonchelo con madeiras do rural galego. Adrian M. Pereiro e ensaia.

Adrián M. Pereiro é un lutier galego formado na Escola de Artes e Oficios de Vigo e na Escola Vasca de Luthería de Bilbao (BELE). En 2023 desenvolveu o proxecto “Un chelo, catro historias”: un violonchelo construído con madeiras procedentes das catro provincias galegas. Cada madeira achega unha historia vencellada á cultura, á artesanía ou á recuperación do patrimonio no ámbito rural.

Detrás deste proxecto está ensaia., unha comunidade de financiamento colectivo que impulsa a creatividade, a innovación e o talento en Galicia. Cada ano, persoas de todo o mundo colaboran de forma voluntaria e anónima para facer posible a súa bolsa anual, destinada a apoiar traxectorias con impacto positivo no país. Artesanía, deseño, música, xestión cultural ou emprendemento rural son algunhas das disciplinas beneficiadas por este modelo.

Dirección: Beatriz Fontán

Produción executiva e comisariado: Samuel Diz

Produción de son: Isaac Palacín.

Deseño gráfico: Beatriz Fontán.

Revisión lingüística: Olga Nogueira.

Interveñen: Adrián Martínez Pereiro e a Comunidade ensaia.

Fotografía da portada: Música no Claustro.

Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

Show more...
3 months ago
23 minutes 9 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Pablo Carpintero e Rosa Sánchez: as gaitas de fol na provincia de Pontevedra.

O contido deste PODCAST ten a súa orixe na conferencia realizada por Pablo Carpintero e Rosa Sánchez  sobre as súas investigacións das gaitas de fol na provincia de Pontevedra, no marco Foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS convocado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia e o festival Música no Claustro o 6 de agosto de 2024, na Catedral de Tui.

Trátase dunha aproximación aos diferentes tipos de gaitas de fol documentados na provincia de Pontevedra. Un patrimonio musical que non só sorprende pola súa diversidade, senón tamén pola súa antigüidade. Ao longo deste episodio, o músico, artesán e investigador Pablo Carpintero, acompañado na interpretación musical por Rosa Sánchez, amósanos a sonoridade destes instrumentos seculares e compartirán unha hipótese arredor da propia invención da gaita de fol.

Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

Show more...
4 months ago
35 minutes 57 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Madou Kouyaté e Fodé Lassana Diabaté: a construción do ngoni e o balafón, dous instrumentos tradicionais da cultura griot.

O contido deste PODCAST ten a súa orixe na conversa cos músicos malienses Madou Kouyaté e Lassana Diabaté no Foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS convocado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia e o festival Música no Claustro o 6 de agosto de 2024, na Catedral de Tui.

Con Madou Kouyaté e Lassana Diabaté, integrantes do Trio da Kali, xunto ao manager Saúl Presa, achegámonos ao valor social e ás características de construción do balafón e do ngoni, dous instrumentos tradicionais de culturas minoritarias.

Madou Kouyaté e Lassana Diabaté proveñen de célebres familias griots e creceron na profunda tradición cultural que se remonta á era precolonial do gran imperio de Mali. Con esta bagaxe natural, o Trio da Kali busca o equilibrio entre a antiga tradición, que é transmitida de forma oral de xeración a xeración dende os séculos XII e XIII, coa introdución de novos elementos e cancións no seu repertorio e estilo.

Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.

Show more...
5 months ago
21 minutes 38 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Montes de Couso (Gondomar), un modelo holístico na xestión do patrimonio natural e cultural.

O foro profesional Resonancias sae de Tui para visitar os Montes de Couso, no municipio limítrofe de Gondomar. Xosé Antón Arauxo, presidente da comunidade de montes, defende o valor multifuncional de futuro na xestión deste patrimonio natural e cultural, dignificando o feito de vivir do monte dende un concepto colectivo deseñado a medio e longo prazo. Acompañado do enxeñeiro Francisco Pedras, técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Xosé Antón Arauxo presenta o Bosque da Lingua, proxecto do que nace a idea futura de se sería posible crear un bosque dos instrumentos musicais.

Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.

Show more...
2 years ago
23 minutes 34 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Taller práctico sobre a instalación do programa FORTRA da Xunta de Galicia

FORTRA é unha aplicación que permite certificar a trazabilidade e a pegada de carbono do produto artesán no compromiso de emprego de madeiras locais e favorece o aumento do seu valor comercial. Os enxeñeiros informáticos Victoriano Maestre e Jesús Álvarez, da empresa Nunegal Consulting, presentan este programa impulsado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) da Xunta de Galicia.

Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.

Show more...
2 years ago
21 minutes 13 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia.

Francisco Pedras, enxeñeiro técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) presenta o Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia.

Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.

Show more...
2 years ago
20 minutes 52 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
José Enrique López Ocampo: 400 anos fabricando sinos en Arcos da Condesa

Despois de case 400 anos da súa fundación, José Enrique López Ocampo mantén vivo o obradoiro familiar de Campás Ocampo situado en Arcos da Condesa, no concello pontevedrés de Caldas de Reis. O foro profesional Resonancias visita este obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Unha oportunidade para coñecer de primeira man o proceso de deseño, construción e fundición dunha campá seguindo as técnicas artesanais antigas.

Show more...
2 years ago
38 minutes 28 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Natalia Moreno e Regis Floury: Hylica, espazo de divulgación das técnicas antigas da artesanía

O foro profesional RESONANCIAS visita Hylica, un espazo de divulgación das técnicas antigas da artesanía situado en Sabarís (Baiona) e que forma parte do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Hylica é un proxecto fundado pola artesá Natalia Moreno e o luthier Regis Floury, quenes comparten as súas inquedanzas na preservación dos coñecementos tecnolóxicos e antigas ténicas da artesanía co obxectivo de polas ao servizo dos museos, así como a súa divulgación a través dos programas anuais Menestralía.

Show more...
2 years ago
39 minutes 1 second

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Lucy Durán: A evolución da kora dende o oeste de África aos talleres e escenarios internacionais

Lucy Durán, profesora de música da SOAS-Universidade de Londres e produtora musical de gravacións como "New Ancient Strings" no ano 1999, disco que impulsou a carreira internacional de Ballaké Sissoko e Toumani Diabaté, presenta en Resonancias a evolución da kora dende o oeste de África aos talleres e escenarios internacionais nas últimas cinco décadas, sendo a súa aportación máis recente a co-dirección da película documental "Ballaké Sissoko, une histoire de kora" estreada a inicios de 2023.

Show more...
2 years ago
34 minutes 2 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
O Reberete: Artesán de instrumentos tradicionais galegos

Tras o concerto de Davide Salvado en Música no Claustro, o artesán galego O Reberete presenta no foro profesional Resonancias os instrumentos de percusión tradicional construídos no seu obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Dende San Cristovo de Cea, un pequeno municipio da provincia de Ourense, O Reberete defende os valores do traballo no rural galego e a dignificación desta familia de instrumentos musicais.

Show more...
2 years ago
22 minutes 35 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Marcos Domato: A búsqueda dunha personalidade propia na construción da guitarra clásica

O artesán guitarreiro Marcos Domato presenta en RESONANCIAS o seu último instrumento, unha guitarra na cal procurou buscar unha personalidade propia de construción e deseño. Unha oportunidade de achegarnos a este obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Show more...
2 years ago
19 minutes 38 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Mesa redonda sobre o emprego de madeiras galegas III: Isabel Puentes, Ana Oróns, Elena Fabeiro e Sanin

As enxeñeiras Isabel Puentes, directora da área de promoción e calidade forestal da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), e Ana Oróns, secretaria xeral da Federación de Serradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia (FEARMAGA), conversan nesta mesa redonda co construtor de instrumentos musicais José Manuel Salvado Sanín, presidente da Asociación Galega de Artesáns, e Elena Fabeiro, xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Unha visión concéntrica cara o emprendemento e desenvolvemento de novas oportunidades de negocio na cadea de valor entre as plantacións forestais e o sector profesional artesanal para activar o emprego de madeiras locais na construción de instrumentos musicais, así coma noutras disciplinas artesanais.

Show more...
2 years ago
1 hour 2 minutes 50 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Cristina Lafuente: O toque manual de campás como manifestación do Patrimonio Cultural Inmaterial

A finais de 2022 a UNESCO declarou o toque manual de campás como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Cun amplo repertorio de formas e técnicas, tanto no ámbito relixioso coma no civil, esta linguaxe sonora mantívose ao longo dos séculos como un medio de comunicación comunitario. Cristina Lafuente, conservadora de museos da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte, afonda nesta declaración que favorece a salvagarda deste patrimonio.

Show more...
2 years ago
27 minutes 52 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Gerhard Grenzing: Conversa maxistral de apertura de RESONANCIAS 23

O mestre organeiro Gerhard Grenzing protagoniza a conversa maxistral de apertura do foro profesional Resonancias 23. Grenzing é o autor do actual órgano da Catedral de Tui, un novo instrumento construído en 1995 que preservou as caixas barrocas históricas. Nesta conversa con Samuel Diz, comisario de Resonancias, Grenzing comparte algunha das características na construción deste órgano coa ollada posta na organería lusitana, así como a súa inquedanza pola fonética das linguas e como estas se reflexan na sonoridade dos instrumentos.

Show more...
2 years ago
48 minutes 55 seconds

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Mesa redonda sobre a presenza de mulleres nos obradoiros de instrumentos musicais: Ana Fariña, Julia Marín Ramírez, Saínza Seivane e Olga Nogueira

A profesora e activista cultural Olga Nogueira dirixe unha mesa redonda que ten por obxectivo visibilizar as artesás galegas construtoras de instrumentos musicais. Un sector masculinizado no que as mulleres estiveron presentes nun segundo plano. A ausencia de referentes femininas é un reto que asumen con voz propia Ana Fariña, Julia Marín Ramírez e Saínza Seivane.

Show more...
2 years ago
47 minutes 7 seconds